Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Deputación da Coruña promociona en Málaga os “museos a ceo aberto”

Xosé Regueira, avoga pola inclusión da arte urbana nos circuítos museísticos e culturais // O Rexenera Fest e o megalitismo da Costa da Morte foron protagonistas

O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, cualificou este martes na CM Málaga Cities & Museums International Trade Fair as intervencións de arte urbano como “museos a ceo aberto”, nacidos ao abeiro da linguaxe e de prácticas artísticas contemporáneas “que xeran identidade, que conforman a memoria colectiva da veciñanza e que crean un sentimento de identificación en torno a estas pezas”.

Xosé Regueira, que baseou a súa exposición na evolución do Rexenera Fest de Carballo, aproveitou o seu relatorio para avogar pola consideración museística das obras e dos itinerarios que agrupan este tipo de pezas, co obxecto de que sexan incluídos nos circuítos culturais do país. “Estas intervencións artísticas rompen as barreiras dos contedores culturais” afirmou, “porque non poucas veces, sen pretendelo, os contedores culturais tradicionais crean barreiras físicas e mentais que no caso dos museos a ceo aberto non existen, polo que tamén estamos falando dun acceso moito máis democrático á cultura”.

Tamén fixo un percorrido por diferentes iniciativas de documentación e rexistro dixital dos murais de Carballo. “Estamos falando de pezas de arte efímera, destinadas a desaparecer no tempo por diversas casuísticas, polo que estamos apostando polo rexistro dixital entendido como una forma de salvar a identidade construída sobre o efímero”. Concretamente explicou o caso de tres murais xa desaparecidos: un por ter sido “actualizado” por parte do propio autor nunha nova parede, tras derrubarse a orixinal; o segundo por unha reforma do edificio, e o terceiro tras degradarse polas condicións meteorolóxicas (pintouse unha nova obra no mesmo espazo este ano).

A Deputación participou na mesa redonda sobre a arte urbana como elemento transformador do espazo público, na que interviron a técnica de Turismo de Carballo, Maite Parga, e o artista urbano Sockram, do estudio Mutante Creativo. Nas súas intervencións expuxeron como os festivais de arte urbana da provincia, e as actuacións resultantes, implican á veciñanza e como ésta asume e comparte o resultado final con orgullo. Tamén afondaron na súa faceta como intermediarios e a ligazón entre os e as artistas urbanas e a tradición e a idiosincrasia local.

Os artistas de Mutante Creativo, Mou e Sokram, deixaron o seu selo artístico no centro social Félix Ariza cun mural que achega á cidade malagueña unha interpretación contemporánea da tradición megalítica da Costa da Morte.

21 jun 2022 / 20:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.