Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Laracha acondiciona a praia de Caión de cara a Semana Santa

O Concello da Laracha está a levar a cabo os labores oportunos dirixidos á posta a punto tanto do paseo marítimo de Caión como da praia e os seus espazos complementarios para que o areal e o seu entorno estea en óptimas condicións de cara á Semana Santa.

Na praia estase a acometer unha intervención con medios mecánicos en toda a súa superficie co dobre obxectivo de recoller o lixo e nivelar determinados puntos que así o requiría debido ao arrastre de area provocado nos últimos meses pola acción das mareas.

Simultaneamente, as brigadas medioambientais municipais continúan actuando no entorno da praia, tanto na zona do sendeiro de Saldoiro como nos espazos verdes e nos entornos dos aparcamentos de vehículos, realizando os desbroces e a limpeza da vexetación existente.

Ante a previsión dunha maior afluencia de visitantes en Caión durante os próximos días, o Concello lembra que tamén na praia deben respectarse as mesmas medidas preventivas contra o coronavirus que no resto dos espazos públicos, sendo obrigatorio o uso da máscara facial e non estando permitidos os grupos de máis de seis persoas.

26 mar 2021 / 13:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.