Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha alberga novo campo de voluntariado

A LARACHA. Arrancou na Laracha un novo campo de voluntariado de temática arqueolóxica que está centrado, por cuarta vez, na posta en valor do castro de Montes Claros. A iniciativa, que finalizará o seis de agosto, organízase co apoio da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Aínda que se trata dun programa internacional aberto a mozos de entre dezaoito e trinta anos, os nove voluntarios que están a participar son todos españois procedentes de Zaragoza, Bilbao, Huelva e localidades galegas como Vigo e Carballo. Os labores no castro lévanse a cabo polas mañás. Nas tardes e nas fins de semana os voluntarios realizan outra serie de actividades de tipo educativo, didáctico e cultural relacionadas tanto coa cultura castrexa como co coñecemento do termo municipal larachés e outras localidades próximas, como Malpica ou Porto do Son. C. ESTÉVEZ

01 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.