A Laracha busca traballador social mediante unha bolsa de emprego
Un total de 39 persoas realizarán o exame este xoves, na Casa da Cultura para cubrir substitucións
A Laracha. O Concello larachés ten en marcha o proceso selectivo mediante o sistema de concurso oposición a través do que será creada unha bolsa de emprego para substitucións no posto de traballador social, que terá unha vixencia de cinco anos.
Este xoves, 4 de marzo realizarase o exame na Casa da Cultura da Laracha, ao que están convocadas as trinta e nove persoas que forman a listaxe de admitidos. A proba consistirá nun cuestionario tipo test sobre o bloque de temas xerais.
Os aspirantes que superen este primeiro exame e non acrediten estar en posesión do título Celga 4 serán convocados posteriormente para realizar a proba de coñecemento da lingua galega.
Cada persoa aspirante presentará a súa experiencia profesional como traballador social tanto na administración pública como na privada que será avaliada na fase de concurso polo tribunal.