Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha compensará aos titulares dos postos da feira de Paiosaco

A Laracha. O Concello larachés anuncia que compensará aos titulares dos postos de venda da feira de Paiosaco polas restricións que están a sufrir debido ao Covid-19.

Actualmente o recinto conta con 470 postos asignados a un total de 214 comerciantes, que deben abonar 28,50 euros por cada espazo de venda. Os trámites para a liquidación das taxas están delegados na Deputación da Coruña, que xa comezou a emitir os recibos e a envialos aos titulares dos postos.

Non obstante, unha vez rematado o período de pago voluntario, o Concello estudará individualmente caso por caso “para compensar o importe da taxa”, aseguran. Tomarán como referencia tanto os acordos das comisións municipais de seguimiento do Covid-19 como a situación daqueles sectores comerciais aos que non se lles permitiu exercer a actividade nas feiras nas que existía a restrición do 50 % dos postos. Nestes casos compensarase tamén a parte proporcional das xornadas perdidas.

A próxima feira de Paiosaco será o domingo, día 1, e debido ás restricións actuais só permitirán a instalación de postos de alimentación por tratarse de produtos de primeira necesidade. M. L.

23 oct 2020 / 16:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.