Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha contará un ano máis cos servizos de aula lúdica e madrugadores

Están incluidos no Programa Harmoniza de apoio á conciliación // Permanece aberto o período de matrícula

A Laracha. A Laracha abriu a inscrición para os dous servizos de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se prestan un ano máis a través do Programa Harmoniza, de xeito gratuito.

Un deles é a aula lúdica durante o verán –dende o remate do actual curso escolar e o inicio do seguinte–. Poderán ser beneficiarios nenos e nenas de entre tres e doce anos de idade cando os pais xustifiquen a necesidade de requerir o servizo. Funcionará de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo. O prazo para anotarse rematará o 14 de xuño.

Ademais, tamén pode realizarse a inscrición en Madrugadores ata o 31 de xullo para o vindeiro curso 2021- 20211 que permite levar ao alumnado ao centro de ensino antes do inicio das clases.

As persoas interesadas deben descargar os documentos de inscrición na web municipal e posteriormente presentalos cubertos no Centro de Información ás Mulleres (CIM),ou a través da sede electrónica.

Dende o Concello recalcan que existen protocolos de actuación contra a COVID en ambos servizos.

04 may 2021 / 18:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.