Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha destinará 719.000 euros para a mellora de infraestructuras e equipamentos públicos

A medida acordouse de xeito unánime no Pleno extraordinario celebrado hoxe // O Concello aposta polo uso do transporte público

A Laracha. Hoxe celebrouse un Pleno extraordinario na Casa da Cultura da Laracha no que todos os asuntos que se trataron por iniciativa do goberno local foron aprobados por unanimidade dos tres grupos políticos.

A principal cuestión foi a proposta de aprobación inicial do expediente de crédito extraordinario-suplemento de crédito 02-2020 que permitirá dispoñer de 719.069,69 euros do orzamento líquido de tesourería como fonte de financiamento para executar moi diversas actuacións de interese xeral para a cidadanía larachesa. Entre elas destacan a mellora da rede viaria con diversas intervencións en vías rurais de todas as parroquias, a expropiación dos terreos afectados polo Plan especial de equipamentos educativos do CEIP Otero Pedrayo , o acondicionamento de parcelas de titularidade municipal, incluíndo a do viveiro de empresas do polígono industrial, melloras na iluminación pública (reposición de cableado e cadros eléctricos ou a renovación dos parques infantís da praza Maximino Canedo e da escola infantil da Laracha.

TRANSPORTE METROPOLITANO. Outro dos asuntos aprobados na sesión plenaria foi a renovación do convenio do Plan de Transporte Metropolitano coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia. O obxectivo principal é continuar potenciando o uso do transporte público bonificando o prezo dos billetes dos autobuses urbanos e interurbanos. O convenio tamén contempla a renovación das marquesiñas e de ferramentas como a web do programa para unha mellor calidade do servizo para os usuarios.

12 nov 2020 / 15:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.