Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha estrea unha Aula Mentor

A Laracha. O Concello larachés únese ó programa Aula Mentor e contará dende este curso cunha das máis de 350 distribuídas polo territorio nacional. Trátase dun programa de formación online non reglada, flexible e con titorización persoal promovido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Está dirixido a adultos e conta cun extenso catálogo de máis de 200 cursos, titorizados por un profesional da materia e con certificado oficial, cos que ampliar competencias persoais e profesionais. Ademais de contar con todas as vantaxes da formación online, na Laracha os usuarios contarán cunha aula equipada e un administrador que axudará e guiará aos alumnos matriculados nas súas dúbidas.

Os cursos pódense facer dende a aula a disposición dos alumnos matriculados ou dende a súa casa, e sempre contarán ademais do docente experto na materia, cun administrador que velará polo bo desenvolvemento dos cursos, informará e orientará e axudará no proceso de matriculación.

Dende o Concello aseguran que esta é unha nova “aposta pola formación de calidade, flexible, online e adaptada ás necesidades dos adultos como alternativa á rixidez propia dos sistemas educativos convencionais”. As persoas interesadas poden obter máis información en aulamentor.alaracha.gal ou participar nas xornadas de portas abertas que se celebrarán os vindeiros 27 e 28 de setembro, de 11.30 a 13.30, no segundo andar do Edificio Administrativo do Concello da Laracha. Tamén se pode chamar aos números 669 963094 ou 981612811.

25 sep 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.