Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha planea novas medidas de apoio á hostalería

Estudan bonificar a taxa de recollida do lixo // Haberá feira en Paiosaco con postos reducidos

A comisión de seguimento ante a COVID da Laracha acordou estudar novas medidas de apoio ao sector hostaleiro. O Concello manifesta o seu apoio e a vontade de adhesión ao fondo de cooperación acordado entre o sector e a Xunta para canalizar axudas que se financiarían con achegas das administracións autonómica, provincial e municipal. Ademais, de acordo cos informes técnicos, están a estudar a posibilidade de aplicar bonificacións na taxa de recollida de lixo.

Por outra banda, acordaron que a feira de Paiosaco deste domingo se celebre do mesmo xeito que as anteriores, permitindo a instalación dos postos fixos asignados, pero coa metade do seu espazo habitual. No caso dos vendedores non profesionais de produtos do campo, así como dos compradores que acudan á feira, deberán cumprir coa normativa sobre as restricións de mobilidade.

A comisión decidiu tamén suspender a programación municipal de Entroido e manter abertos os parques infantís, nos que continuarán realizando desinfeccións.

Na xuntanza informouse de que a Policía Local, en coordinación coa Garda Civil, está a intensificar os controis nas estradas sobre o cumprimento das restricións da mobilidade das persoas. O da Laracha non é un concello pechado, pero si o están todos os municipios limítrofes: Arteixo, Carballo, Cerceda e Culleredo. Tamén informarán aos curas de todas as parroquias sobre as novas restricións na celebración de actos de culto, xa que desde o venres a capacidade máxima no interior das igrexas será dun terzo do seu aforo.

A agrupación de voluntarios de Protección Civil seguirá ofrecendo a aquelas persoas que o precisen o servizo de transporte a domicilio de medicamentos. Quenes teñan dúbidas sobre as medidas en vigor poden chamar ao teléfono 900 400 116, que foi habilitado pola Xunta.

Vimianzo, Carballo e Camariñas xa superan o cento de casos activos
Suben tamén as cifras nos concellos de Laxe, que ten xa cincuenta, e Cee, con corenta e tres

Vimianzo. Lonxe de mellorar, a incidencia do COVID nos cinco municipios da Costa da Morte sometidos a restricións máximas segue a subir. En Vimianzo suman 148 casos activos, e en Carballo incrementáronse en 20 respecto ao xoves, acadando os 114, rexistrando unha incidencia acumulada nos últimos catorce días de 308 por cada 100.000 habitantes.

Camariñas acadou os 100 casos activos, segundo lle confirmou o Sergas á alcaldesa, Sandra Ínsua, e é xa un dos concellos con maior incidencia de Galicia. Tamén en Laxe o avance da pandemia segue imparable, e este venres contabilizaban xa 50 casos activos para unha poboación de apenas 3.000 habitantes.

Cee, pola súa banda, é dos cinco municipios con peche perimetral da zona o que presenta unha maior estabilidade. Aínda así sumou dous casos activos máis o venres, sitúandose nun total de 43.

Esta situación fai que os gobernos locais estén reforzando os seus servizos de apoio á veciñanza. É o caso de Laxe, onde Protección Civil se encarga de asistir ós confinados, recolléndolles o lixo e levándolles os medicamentos e as compras ós seus domicilios.

Ademais, como medida preventiva decidiron pechar todos os parques infantís do municipio, cancelar o mercadillo semanal da capital laxense e cerrar as portas do Museo do Mar ata nova orde.

En Cee tamén suspenderon o mercado dos domingos e tampouco poderán abrir os locais comerciais. J. M. R.

16 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.