Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha pon en xogo máis de tres mil euros neste Entroido

O tradicional concurso de disfraces terá lugar o día 21 de febreiro na Praza do Concello

A Laracha. O Concello larachés deseñou unhas Festas do Entroido con propostas dirixidas a todos os públicos, especialmente ao infantil, do 19 ao 22 do mes de febreiro.

O evento central será o tradicional concurso de disfraces do Martes de Entroido (21 de febreiro, festivo local na Laracha). Este mércores abrirase a inscrición, que debe formalizarse cubrindo o formulario que estará dispoñible na web alaracha.gal e nas redes sociais do Concello.

O certame vai dirixido a todos os públicos e repartiranse máis de 3.000 € en premios. Celebrarase na Praza do Concello (no pavillón do IES en caso de condicións climatolóxicas adversas) ás 18.30 horas, no descanso da verbena que principiará ás 17.00 e que estará amenizada pola orquestra Los Satélites.

As categorías de premios establecidas son: individual infantil (ata 12 anos); individual adulto (a partir de 13 anos); parellas; grupos (de 3 a 8 compoñentes); e comparsas (máis de oito compoñentes).

Nas categorías individuais as contías dos premios serán de 60, 50 e 40 euros para os tres primeiros clasificados. En parellas hai establecido un único premio de 70 euros. Os grupos optarán a 200, 150 e 100 euros, e as comparsas a 600, 500 e 400 €. As non premiadas poderán obter un accésit de 100 € (só 10). J. m.

01 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.