Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha poñerá en marcha o servizo de atención temperá nos vindeiros días

O Concello terá que escoller entre catro propostas // Haberá un logopeda, un psicopedagogo e un mestre de educación especial

A Laracha. O Concello avanza no procedemento de adxudicación do servizo de atención temperá que comezará a prestarse en próximas datas no termo municipal. Este mércores, a Mesa de Contratación reuniuse para analizar as catro propostas presentadas polas empresas licitadoras.

O importe máximo deste contrato ascende a 31.156,88 euros, que serán financiados cunha achega da Consellería de Política Social ao abeiro da convocatoria de subvencións destinadas a entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá que están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco operativo FSE Galicia 2014-2020.

A atención temperá consiste nun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil (0 a 6 anos), á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar a súa autonomía persoal e inclusión social.

Para a prestación do servizo, o Concello contará cun logopeda, un psicopedagogo e un mestre de educación especial para ofrecer unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións e de habilidades persoais e sociais dos nenos. Segundo informan dende o constirorio, a clave é poder detectar esas dificultades o ante posible para obter os mellores resultados da atención profesional e que redunden nun máis óptimo proceso evolutivo do cativo. A maiores, engaden que a derivación ao servizo de atención temperá corresponde ao pediatra de referencia do neno, ao que debe acudir a familia se sospeita que pode presentar un trastorno do desenvolvemento.

17 jun 2021 / 10:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.