Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha reclama os 905.784 euros que aínda lle debe o IDAE

As axudas do Instituto, dependente do Goberno central, foron concedidas en 2017

A Laracha. O Concello da Laracha lembra que o Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, aínda non liberou ningún pagamento das axudas concedidas no ano 2017 para a execución dos proxectos de mellora de eficiencia enerxética. As actuacións, consistentes no cambio de luminarias por outras con tecnoloxía LED nos núcleos urbanos, núcleos rurais, parque empresarial, instalacións e edificios municipais, concluíronse hai agora ano e medio.

O orzamento total dos cinco proxectos superou os 1,2 millóns de euros, dos cales o IDAE financiaría o 80 % (905.784,06 euros) e, con fondos municipais, o 20 % restante (226.000 euros). O acordo establecía que o Concello debía facer fronte a todos os pagos, como así fixo, e que posteriormente o IDAE liberaría as axudas, cousa que non se produciu ata o momento.

Esta circunstancia implicou consecuencias relevantes no resultado orzamentario municipal, xa que o importe que o IDAE lle debe ao Concello supón o 10,5 % do total do orzamento municipal deste ano 2022.

O Concello fai esta puntualización ante as declaracións da subdelegada do Goberno na Coruña tras a Xunta Local de Seguridade nas que manifestou que o IDAE xa achegou a súa parte do financiamento de ditos proxectos. Os membros do goberno local que acompañaron á subdelegada do Goberno non aclararon esta cuestión directamente con María Rivas porque non se abordou este tema en ningún momento, nin durante a propia reunión nin tampouco na visita ao posto da Garda Civil. m. b.

10 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.