Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha vai acoller dúas formacións no ámbito forestal

A Laracha. A Laracha acollerá este verán dúas novas xornadas formativas en materia forestal que impartirá persoal técnico do Centro Agroforestal do ourensano Concello de Riós. Farase coa colaboración da Consellería do Medio Rural e a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

A primeira cita será o 11 de xullo cunha sesión centrada no manexo do souto - terreo poboado por castiñeiros-. Exporanse cuestións como o enxertado, os diferentes tipos de poda e a mellor maneira de facela, rega, abonado e fertilización, mantemento do solo e a mecanización para a recollida das castañas.

O vindiero 4 de agosto a formación centrarase nas pragas e doenzas do castiñeiro. Exporanse as principais ameazas para esta variedade de árbores e os modos de actuar para combatelas.

Ambas sesións formativas serán teóricas e impartidas en horario de 10.00 a 14.00 horas. Están dirixidas especialmente a tres colectivos: produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria e desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario. A inscrición, gratuíta, debe formalizarse no Concello. m. c.

20 jun 2022 / 20:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.