Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A licitación o mantemento das prazas e áreas verdes larachesas

Contémplase actuar en máis de oitenta e cinco mil metros cadrados de espazos municipais

A Laracha. O Concello sacará a licitación o novo contrato do servizo de mantemento das zonas verdes públicas de titularidade municipal. A finalidade é a conservación das principais áreas recreativas e de descanso das parroquias, así como das prazas e parques públicos, os paseos fluviais e marítimo e os entornos de edificios e instalacións de titularidade municipal.

Os servizos serán o continuo mantemento en bo estado, o coidado das especies vexetais e, de ser o caso, a reparación dos sistemas de rego automático das áreas verdes.

En Torás actuarase nas prazas do Concello, Maximino Canedo, O Recreo, da Cultura, Olonne sur Mer, Anselmo Graíño (igrexa parroquial) e piscina; área recreativa de Gabenlle e o seu entorno, sendas peonís da AC-552 e da vía A Cheda-Gabenlle; IES Agra de Leborís, CEIP Otero Pedrayo e escola infantil da Laracha; aparcamentos públicos de vehículos, nova zona deportiva xunto ao IES Agra de Leborís e área de recreo canino.

Pola súa banda, en Lestón, as actuacións desenvolveranse no recinto feiral de Paiosaco, xardín xunto ao centro sociocultural, praza do Cruceiro e aparcamentos públicos. E en Caión no paseo marítimo ao completo, aparcamentos xunto á praia, noiros da praza Eduardo Vila Fana e os próximos ao porto, praza da Ribeira, entorno do colexio e intersección da rúas Méndez Núñez co Campo da Insua, e en Cabovilaño na urbanización Monte Claro e áreas de descanso de O Regado e O Vilar.

Pola súa banda, na parroquia de Golmar centraranse no entorno do Museo dos Muíños; en Lemaio, no igrexario e entorno do cemiterio.; en Montemaior no igrexario (praza e entorno da escola) e Cumiáns (escola e pista polideportiva); en Soandres no entorno do mosteiro; en Lendo no entorno do centro sociocultural; en Vilaño na praza da Areosa e en Soutullo na praza do entorno da igrexa e no aparcamento.

No contrato tamén se contempla o mantemento do parque empresarial, concretamente na glorieta e senda peonil de acceso e no entorno do viveiro de empresas e da nave municipal. En total todos estes espazos públicos suman unha superficie de 85.108 metros cadrados.

04 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.