Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 06 mayo 2021
21:01
h

A oposición de Ponteceso apela agora ó PSOE para que aparte a Lois García

Os promotores da fallida moción de censura en Ponteceso (cinco edís non adscritos, PP e APIN), din que a maioría das opcións que tiñan “para liberar o pobo deste alcalde foron intentadas e loitadas con todas as nosas ansias pero, lamentablemente, non tiveron o final que tanto ansiabamos”.

Agora, aseguran que a única baza que lles queda e que o PSdeG-PSOE “sexa consciente de que prioriza a un alcalde frente a todo un pobo, a un alcalde que fala de inversións de 2.000 € mensuais en prensa, de pedir tickets a locais de confianza, que desprecia aos traballadores do concello, duplica facturas cos empresarios amigos.. Esa é a representación que teñen en Ponteceso baixo as suas siglas e permiten que siga gobernando, sendo os veciños os que paguemos as consecuencias de toda esta turbia xestión. Se realmente lle importara Ponteceso xa o terían apartado do seu posto, e cesarían con este espectáculo deplorable no que o alcalde é o protagonista principal”.

Respecto á fallida moción, din que eran coñecedores de que a lei non estaba da súa parte xa que existe un artigo que deixa sen validez os seus votos”. Aínda así, enganden, “presentámola porque non perdiamos nada, porque tiñamos consenso con toda a oposición e porque os veciños pedían e merecían que o intentásemos para poder liberar o pobo de un ditador. Lamentablemente o resultado foi negativo”.

Advirten, non obstante, que a situación despois de todo isto” non cambiou, o alcalde vese coma vencedor da película cando segue sendo parte dun grupo con clara minoría”. Nas súas declaracións persoais, sinalan, chama a cordura “e só nos queda dicirlle que siga facendo autoexamen, porque que a lei o ampare e lle permita seguir sendo o alcalde non quere dicir que as 10 persoas que conforman a oposición estemos dacordo en que non está capacitado para gobernar, porque nin sabe dialogar nin sabe xestionar e moito menos sabe de transparencia, que é o que lle levamos esixindo hai mais de un ano”.

Por iso, pídenlle a Lois García que "cambie a súa estratexia" se quere que Ponteceso non quede sumido "nunha parálise" durante os dous anos que lle quedan de mandato, "porque será vostede o único culpable de tal situación". Din que non van "acceder a chantaxes, a mitins improvisados nin menosprezos persoais nas sesións plenarias nin a bloqueos de ningún tipo. Comece por proporcionar a información que lle sexa solicitada se quere levar a cabo as mocións, comece por dar trámite ás solicitudes e suxerímoslle que cambie ese trato que recibimos pola súa parte porque aínda coa alcaldia, vostede ten unha oposición de dez persoas fronte a tres do grupo de goberno, das cales precisa se quere que Ponteceso non quede sumido no bloqueo. Nós tamén fomos votados e temos unha acta acadada polo voto dos veciños e polo tanto tamén somos a representación dos mesmos pese a non dicir o que vostede quere oír”.

04 may 2021 / 17:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.