Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A oposición de Ponteceso califica de “absurdas” as actuacións do goberno

Acusan ao alcalde de negarse a cumprir a lei para modificar as comisións informativas // Tampouco convocou o pleno pedido pola maioría dos edís

Os edís non adscritos de Ponteceso aseguran que “no goberno municipal suceden cousas tan absurdas como que o alcalde, Lois García, vote en contra da súa proposta para aprobar a modificación da composición e formación das Comisións Informativas, obrigada pola expulsión do grupo municipal socialista de cinco concelleiros socialistas”. Aseguran que a lei obriga a aplicar o voto ponderado para garantir a proporcionalidade “e o rexedor vota en contra desa obriga porque considera que iso beneficiaria aos concelleiros expulsados”.

A maiores, enganden, o grupo de goberno presentou un recurso contra o acordo plenario de eliminación de todos os cargos con dedicacións exclusivas e parciais para destinar os créditos liberados a unha segunda convocatoria de Plan de Emprego Social, recurso que, “de conformidade cos informes xurídicos, foi desestimado”.

Na última sesión plenaria extraordinaria, engaden, “abandonou a sesión por orde do secretario sen abrir o debate do asunto, polo que sen ter a condición de facelo, foi o secretario o que abriu o debate, moderou e incluso debateu, é dicir, pasou a exercer de presidente da sesión”.

Lembran que os cinco edís non adscritos, os dous de APIN e os tres do PP presentaron o 7 de xuño unha solicitude de sesión extraordinaria para tratar varias mocións. Entre as súas peticións figuraba a posta a disposición dos veciños dun vehículo da flota municipal, ben sexa híbrido ou eléctrico, “para que poidan reservalo para satisfacer as súas necesidades persoais, favorecendo ó medio ambiente, reducindo as emisións dos vehículos convencionais e achegando facilidades á veciñanza para manter a poboación no rural”.

Tamén pedían unha análise sobre o estado do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e, no seu caso, acordar a resolución do contrato coa empresa adxudicataria e que o Concello asumise o servizo, así como o retorno de todos os traballadores subrogados no seu día. Rebaixar o IBI urbano e rústico ao 0,4% e o ICIO ao 2%; analizar o estado económico-financieiro do concello; a cesión duns locais para a oposición; analizar o funcionamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, e aprobar mecanismos de control da contratación de persoal eran outras das súas demandas. Non obstante, aseguran que o alcalde, "resolveu denegar a solicitude baseándose en informes do secretario accidental e da interventora”.

17 jun 2021 / 20:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.