Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A piscina da Rocheira de Coristanco abre a tempada o 28 de xuño

O Concello establece unhas medidas para un uso adecuado das instalacións

Coristanco. O vindeiro luns 28 de xuño abre ao público a piscina municipal da Rocheira, en horario de luns a venres de 15h a 19h e en fin de semana de 12h a 19h.

Coa finalidade de adaptar a actividade de piscina á nova normalidade, o Concello de Coristanco establece unha serie de medidas de obrigado cumprimento para o seu uso:

- O aforo total da instalación será de 102 persoas (quedando o aforo do vaso grande en 84 e o vaso pequeno en 18 persoas).

- Poderase acceder á instalación co carné de socio ou entrada individual e días soltos.

- Poderase facer uso de vestiarios cun aforo de 3 persoas por vestiario.

- Será obrigatorio o uso de gorro e recomendarase o uso de gafas.

- A situación dos obxectos persoais, toallas, hamacas, e elementos similares nas zonas de estadía das piscinas levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal con respecto aos outros usuarios.

- Respectarase o límite máximo de 15 persoas por grupo.

- Será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos nas piscinas, así como o uso de vestiarios salvo nas duchas.

16 jun 2021 / 15:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.