Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A praia de Caión xa dispón de servizo de salvamento e socorrismo

O equipo de salvamento e socorrismo da praia de Caión (A Laracha) está operativo desde este mércores e continuará prestando servizo ata o 15 de setembro, todos os días en horario 12.00 a 20.00 horas. Durante os próximos tres meses serán un total de sete socorristas, máis o coordinador xeral, será o persoal que se encargará desas funcións para aumentar a seguridade dos bañistas, informar sobre calquera cuestión que afecte á praia e controlar o uso axeitado do areal de acordo ás normativas vixentes e aos condicionantes establecidos pola Bandeira Azul.

Por primeira vez neste ano o servizo incorpora unha moto acuática apta para realizar traballos de salvamento, polo que en todo momento estará presente cando menos un socorrista que posúa o título de patrón e que teña experiencia no manexo dese tipo de embarcacións.

Neste servizo de salvamento e socorrismo na praia de Caión o Concello inviste 68.000 euros.

15 jun 2022 / 21:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.