Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A veciñanza de Carballo xerou no 2020 doce millóns de residuos sólidos urbanos

Depositáronse nos 3.000 contedores repartidos polo municipio e no Punto Limpo

Carballo. O servizo municipal de recollida de lixo xestionou o ano pasado 12.489.400 quilos de residuos sólidos urbanos, envases lixeiros, papel e cartón, vidro, chatarra, madeira ou escombro, que constitúen a maior parte dos residuos que deposita a veciñanza nos 3.000 contedores distribuídos por todo o municipio e no Punto Limpo. A cifra total aumenta moi pouco con respecto aos dous anos anteriores, pero destaca que 147.200 quilos deses residuos foron recollidos nos colectores marróns, o que significa que “o programa de compostaxe urbana está a dar bo resultado e permítenos seguir avanzando cara o obxectivo europeo de reciclar o 50% dos residuos”, sinalan dende o goberno local.

Por outra banda atópanse as recollidas selectivas de aceite vexetal e de roupa. No 2020, os carballeses e carballesas depositaron nos 30 colectores de aceite que hai distribuídos polo municipio un total de 18.303 quilos, que evitaron a contaminación de 20 millóns de litros de auga. En canto ao téxtil, á espera do balance do 2020, o ano previo recolléranse no Concello 82.297 quilos, que, ademais de contribuír a un labor solidario, evitaron a emisión de 260 toneladas de CO2.

01 feb 2021 / 19:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.