Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Achegamento á Política Agraria Común dos alumnos da Efa Fonteboa

CORISTANCO. Un total de 63 alumnos e alumnas do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco, participaron este mércores no proxecto FUNCAP, unha iniciativa europea liderada pola Fundación Juana de Vega, que busca dar a coñecer os beneficios da Política Agraria Común entre a mocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Catorce centros de ensino e máis de 400 estudantes das dúas beiras do Miño participan neste proxecto.

A escola de Coristanco estivo representada por alumnado do ciclo medio de Produción Agropecuaria e de terceiro e cuarto da ESO, que participou na segunda sesión de Os Soutos do Norte, un xogo co que se traslada dun modo divertido os principais beneficios da PAC, o Pacto Verde Europeo e a Estratexia da Granxa á Mesa, así como os cambios que suporá o novo período a partir do ano 2023. “A acollida foi moi boa, cun alumnado moi involucrado”, destacan desde a fundación.

Nunha primeira sesión aprenderon a montar a súa propia granxa, a conseguir recursos e terras e ir logrando beneficios para reinvestilos. E esta segunda sesión avanzouse para incidir máis en relación coa Política Agraria Común e o compromiso do sector produtor coa sociedade e co medioambiente”, conclúen.

21 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.