Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acondicionan cinco espazos urbanos que están destinados a aparcadoiros públicos

Carballo. A empresa Excavaciones y Obras Candal está a traballar no acondicionamento de cinco espazos urbanos que son utilizados como aparcadoiros en Carballo.

O Concello está a actuar en máis de 8.000 metros cadrados de superficie, distribuídos nas zonas do Pazo da Cultura, rúas Perú e Río, o Fórum e os depósitos de auga, no barrio do Chorís, onde comezaron os traballos. Ata alí desprazouse o alcalde, Evencio Ferrero, coincidindo co inicio das obras.

O investimento é de 153.845,38 euros, segundo o contrato asinado en agosto coa empresa adxudicataria. En todos os casos os traballos inclúen a explanación, sumidoiros, gabias e pavimentación con aglomerado. Tamén se realizará a sinalización horizontal e vertical, e ademais instalaranse luminarias onde sexa preciso.

O Concello conta cunha subvención do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) de 64.580,86 euros, dentro do Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable MOVES II.

A mellora dos aparcamentos retrasouse debido a que foi preciso realizar a licitación do proxecto dúas veces. Na primeira quedou deserto, dado que a única empresa que se presentou entrou en concurso de acredores e non se puido realizar a adxudicación.

E, ademais, o proceso tamén se viu afectado polo forte incremento dos prezos do material de construción, un problema que afecta ás empresas e ás administracións de todo o Estado, e que neste caso puido solucionarse cunha revisión do proxecto. Entre o primeiro, de xuño do 2021, e o actual, que ten data de marzo do 2022, ámbolos dous redactados polos enxeñeiros municipais, a suba acadou o 22,54%, de xeito que o prezo de licitación pasou de 129.161,73 a 158.277,14 euros, sinalan dende o Concello carballés.

06 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.