Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Actividades deportivas e culturais na vila de Cabana

Cabana. O Concello de Cabana abre o prazo de inscrición para a súa variada oferta de actividades deportivas e culturais que incluirá bailes de salón e latinos, música e diversas propostas deportivas para escolares e adultos.

As persoas interesadas en anotarse nalgunha das actividades poderán facelo ata o vindeiro 23 de setembro no departamento de Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños en horario de 09.00 a 14.00 horas. No caso da Escola Municipal de Música, a inscrición realizarase o luns, 26 de setembro de 16.00 a 19.30 horas. O prezo de inscrición será de 20 euros para empadroados e de 30 euros para os que non o estean. No caso dos abonos familiares, a tarifa será de 36 euros para as familias empadroadas e de 45 euros para todas as non empadroadas na vila.

Ademais, dende o goberno local indican que as persoas maiores de 65 anos e aquelas con diversidade funcional terán un desconto do 50%. Para a participación en calquera actividade será imprescindible estar en posesión do carné municipal, o cal se poderá obter ou renovar e realizar o seu pagamento no momento da inscrición, ou ben durante o prazo da mesma. Hai ofertas divesas para todos os gustos e idades. C.E.

20 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.