Adrián Verdes, vinte e cinco anos servindo ao pobo en Protección Civil de Malpica
Di sentirse “moi orgulloso” de pertencer á agrupación // O Concello agradeceulle o seu labor e solidariedade nun acto de recoñecemento presidido polo alcalde, Walter Pardo
O Concello de Malpica rendeu homenaxe a Adrián Verdes, operario de Protección Civil de Malpica durante 25 anos. O alcalde, WalterPardo, entregoulle unha distinción ao malpicán no salón de plenos. “Supón isto, un recoñecemento a toda unha carreira marcada pola solidariedade, a empatía e a prestación dun servizo esencial para a veciñanza”. aseguran dende o Concello.
Adrián afirmou sentirse “moi orgulloso” de pertencer á agrupación de Protección Civil de Malpica, pobo que “levo e levarei sempre no corazón.” Dende o goberno local destacan a “boa vontade” de Verdes á hora de “ser de axuda e prestar apoio a toda a xente que o necesita, dun xeito completamente altruísta e dedicado cen por cen á causa”, incidiron. “Adrián é un cidadán exemplar, que posúe valores que deben servir de exemplo ás novas xeracións”.