Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adxudicada a construción do ‘by-pass’ no Muíño do Quinto en Carballo

Carballo. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por 268.046 euros á empresa Vázquez Reino S. L. a execución das obras do ‘by-pass’ no río Anllóns na zona de Muíño do Quinto, en Carballo. O prazo de execución é de 6 meses. O investimento global da actuación superará os 331.300 euros, tendo en conta as expropiacións necesarias para a realización dos traballos.

As obras permitirán executar a apertura dunha canle trapezoidal que posibilite derivar caudal en períodos de avenida. Para iso tense deseñado unha rasante lixeiramente máis elevada respecto á canle, para que en réxime natural o río circule polo seu leito pero que, cando se produza un desbordamento, a auga poida ser canalizada pola canle de derivación que se vai a construír.

Para levar a cabo esta actuación, crearase un paso transversal da auga baixo a calzada que atravesa a canle. Este aspecto resolverase coa construción dun marco in situ de formigón armado. Ademais, a senda fluvial tamén se verá afectada pola apertura da canle, polo que se ten proxectada a construción dunha pasarela de madeira de 10 metros de luz que dea continuidade ao trazado. M. L.

11 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.