Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adxudicadas as obras da senda peonil e ciclista entre Carballo e Coristanco

BERGANTIÑOS. A Consellería de Infraestruturas vén de adxudicar as obras de construción dun novo itinerario para peóns e ciclistas non deportivos entre Carballo e Coristanco por máis de 845.000 euros. O contrato, adxudicado á empresa Construcciones López Cao, S.L, conta cun prazo de execución de 8 meses. As obras, que se desenvolverán na marxe da estrada autonómica AC-552, comezarán a executarse na segunda quincena de abril, co obxectivo de telas rematadas a finais deste ano.

Trátase dun novo itinerario de uso compartido, para peóns e ciclistas, que permitirá reforzar e compatibilizar a seguridade viaria de todos os usuarios da estrada, con especial atención aos máis vulnerables. O itinerario de preto de 2,5 km de lonxitude iniciarase á saída de Carballo e rematará no punto no que comezan as beirarrúas do municipio veciño de Coristanco.

Prevense dous mtreitos actuando, tanto na marxe esquerda da estrada, como polo lado dereito. Pola marxe esquerda, serán case 1,9 km de nova senda que irán desde a saída de Carballo ata conectar coa beirarrúa existente en Montecelo, xa en Coristanco, continuando a beirarrúa ata a capital municipal. Pola marxe dereita da estrada, habilitarase unha senda ata as inmediacións da fábrica de Calvo de aproximadamente 600 metros. Co obxectivo de darlle continuidade ao itinerario sobre o río Grande, executarase unha pequena pasarela adosada ao viaduto existente.

O proxecto tamén prevé traballos de pavimentación, drenaxe de augas pluviais, xunto coa execución dalgúns servizos en previsión de futuras canalizacións de telecomunicacións e alumeado. Esta intervención completa o Plan de Sendas da Xunta para a comarca de Bergantiños, dado que os outros 6 itinerarios previstos xa están executados. En total, a Xunta impulsou a execución de 11 km de sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe cun investimento de preto de 5 millóns de euros. A execución destas actuacións está cofinanciada con fondos FEDER 2014/2020.

22 mar 2021 / 17:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.