Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adxudican as melloras das redes viarias de Lendo e Montemaior

A administración local investirá 125.000 € en reforzar a seguridade e renovar pavimentos

A Laracha. A Xunta de Goberno Local da Laracha acordou adxudicar a Construcciones J. Mauri e Hijos S. L. os contratos de execución de dous proxectos de mellora da rede viaria que suman un importe total de 125.000 euros.

Fixérono despois de que a mesa de contratación clasificase recentemente as catorce ofertas –sete por proxecto– que se presentaron durante a fase de licitación.

O que afecta á parroquia de Lendo está valorado en preto de 70.000 euros. Contempla intervencións de mellora da superficie de rodadura en O Canle, Samiráns e O Cruceiro Novo. Neste último lugar tamén se colocará un pavimento diferenciado con adoquín de granito no perímetro do cruceiro para aumentar a súa protección, así como a canalización da rede de recollida de pluviais e a instalación dunha bionda de seguridade.

En Montemaior o proxecto, valorado en máis de 55.000 euros, contempla dúas intervencións diferenciadas. A de maior entidade afecta a O Raño, onde tamén será reforzada a seguridade viaria coa instalación dunha bionda debido ao desnivel existente cos terreos adxacentes. A outra actuación será na estrada que comunica A Baiuca con A Pena.

Unha vez completado o procedemento de contratación, prevese que as obras comecen a executarse nos próximos días.

Por outra banda, dende o Concello lembran que o 2 de xaneiro a Xunta abrirá o prazo para solicitar as axudas para o alugueiro de vivenda convocadas polo IGVS. M. Ramos

31 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.