Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 20 mayo 2022
12:47
h

Afaber trouxo á capital bergantiñana ‘Tecendo rede, tecendo recordos’

Carballo. O Pazo da Cultura de Carballo acolle ata o 23 de decembro a exposición Tecendo rede, tecendo recordos organizada por Afaber coa colaboración da Federación Alzheimer Galicia (Fagal).

A mostra está a recorrer distintas cidades galegas e ten como obxectivo mostrar o traballo realizado polas Afas e a súa dedicación á hora de acompañar e apoiar ás persoas con demencia e o seu entorno. “Queremos amosar, a través desta exposición fotográfica, o traballo continuado que desde a rede de asociacións de alzhéimer de Galicia se veu facendo dende sempre, pero con máis esforzos se cabe durante a pandemia”, afirman.

Esta situación excepcional, engaden, “sacou a relucir a importancia que teñen estes servizos para a mellora da calidade de vida das persoas con demencia e as súas familias, contribuíndo a retrasar o avance da enfermidade e, en definitiva, axudando a seguir tecendo recordos o maior tempo posible”. M. L.

20 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.