Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Afunde parte da estrada local que une A Torre e Lexas na Laracha

a laracha. Os efectos das persistentes choivas dos últimos meses comezan a pasar factura na rede viaria. No concello da Laracha, a Policía Local tivo que cortar este mércores a circulación rodada pola estrada da parroquia de Lendo que comunica os núcleos de A Torre e Lexas, tras detectarse un socavón no centro da calzada que impide o tránsito dos vehículos coas suficientes garantías de seguridade.

Co fin de dar servizo aos usuarios desta estrada, o Concello habilitou como vía de acceso alternativa á do parque empresarial en dirección a O Campo da Porta, ata que sexa posible repoñer o firme para poder reabrila ao tráfico rodado.

Por outra banda, o goberno local someterá á decisión da Corporación municipal este venres, día 27, os proxectos a incluír no POS+ 2023, no que se contemplan varias actuacións de mellora da rede viaria municipal. Así, adicaranse preto de 106.000 euros á mellora dun treito de 1,3 quilómetros da estrada que parte do Igrexario de Golmar (dende o cruce coa vía DP-2404) ata San Pantaión e que tamén dá acceso á parroquia de Soutullo por A Xesta.

Ademais, contémplase a mellora da rede local nas parroquias de Caión (estrada entre a DP-1909 e O Outeiro), Lendo (A Fontenla e Escurido), Lemaio (estrada A Fraga-O Pereiro) e Erboedo (estrada que une A Fontenla e O Loureiro). M. L.

26 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.