Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Agradecemento do alcalde de Ponteceso a Sanidade polas melloras no PAC

Substiuirán o solo e repararán o teito e os canalóns, ao tempo que se pintarán as instalacións

O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, remitiu ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, unha carta de agradecemento pola detallar as obras solicitadas no Punto de Atención Continuada (PAC). Así, segundo confirmou a consellería ao Concello, as obras previstas inclúen, en primeiro lugar, a substitución do solo vinílico por importe de 20.880 euros. Así mesmo, tamén está prevista a reparación do teito e canalóns por importe de 44.641 euros. Ambas as dúas obras atópanse xa adxudicadas.

Por último, inclúese como obra prevista a pintura exterior e interior da instalación, por importe de 7.000 euros, que será contratada tan pronto como rematen as obras do teito e canalóns.

Ademais, García Carballido felicitou ao conselleiro pola xestión da campaña de vacinación contra a COVID, “na que colaborou Protección Civil de Ponteceso trasladando ás persoas sen recursos a Expocoruña para que puidesen completar a súa pauta de vacinación. Dende o Concello seguiremos traballando para a mellora da atención sanitaria en Ponteceso, pero é de aplaudir a vontade da Xunta neste eido”, afirma o rexedor.

21 sep 2021 / 18:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.