Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Agradecemento en Malpica a un empresario que evitou danos maiores tras un incendio nunha vivenda

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, recoñeceu o mérito a Santiago Villaverde, o propietario de Elevaciones Villaverde, quen interviu de primeiro no incendio provocado no sistema eléctrico en varios fogares da Camuza, o pasado martes. O rexedor obsequiou a Villaverde cun motivo en olaría de Buño “pola súa valentía e disposición á hora de axudar nun momento moi perigoso e complicado”, e asegura que “é un xesto que pouca xente tería, e estámoslle agradecidas e agradecidos de corazón”, asegurou.

Logo de que se dese a alerta ao ver que saía fume pola fiestra dunha vivenda, e mentras non chegaban os bombeiros de Carballo, decidieron chamar ao referido empresario, que acudíu de inmediato e ca súa intervención evitou que os danos do incendio fosen maiores.

27 may 2021 / 13:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.