Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alegacións na Laracha ante o proxecto do parque eólico de Carboeiro

Facilitan aos veciños os documentos para que presenten as súas propias reclamacións

A Laracha. O Concello da Laracha puxo a disposición da cidadanía na web municipal (www.alaracha.gal) documentos tipo de alegacións contra o proxecto do parque eólico Carboeiro e a súa liña de evacuación, que se atopan en exposición pública.

O proxecto contempla a instalación de oito aeroxeradores de 4,5 MW de potencia unitaria, dos cales dous estarían situados na zona alta da larachesa parroquia de Erboedo. Nun deles, os núcleos máis próximos son A Portela e Vilarmaior, e o outro está previsto preto do límite co municipio de Culleredo.

Entre os argumentos técnicos que esgrime o Concello sobre a viabilidade do parque eólico están a necesidade de incluír un estudo máis profundo das posibles afeccións ambientais e paisaxísticas nas poboacións máis próximas aos aeroxeneradores, así como o impacto visual e acústico. Tamén se solicita que a promotora realice un estudo da captación de augas veciñais na zona, especialmente na parcela na que se situaría a subestación, e que especifique as ocupacións de vías pola maquinaria pesada que levaría consigo a execución das obras. Ademais, reclámase que o proxecto desenvolva o emprego directo e indirecto que xeraría o parque eólico e os beneficios para a contorna afectada.

En canto á liña de evacuación de alta tensión, na alegación tamén se incide no impacto visual e proponse, ademais, unha modificación no seu trazado para que non discorra por terreos agrícolas.

Os documentos de alegacións redactados polo Concello poden ser descargados da web municipal, cubertos e presentados por calquera particular ante a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación como data límite o 4 de xullo.

24 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.