Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alumnos do Carballo Coida inician as prácticas

Carballo. Para o alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego Carballo Coida, centrado na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, chegou o momento de aplicar a situacións reais os coñecementos adquiridos a través da formación teórica e práctica que veñen recibindo nos últimos seis meses.

Este luns, nun acto celebrado na alcaldía, Evencio Ferrero asinou os convenios de colaboración coas institucións nas que desenvolverán as súas prácticas: Asociación de pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños (Aspaber), Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias de Bergantiños (Afaber), Asociación Íntegro das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte, Centro de día de persoas maiores Fogar de Bergantiños de Verdillo e Centro de día da Praza de Vigo.

As 18 alumnas e os 2 alumnos que están a formarse no obradoiro dividiranse en dous grupos para levar a cabo as prácticas, que se desenvolverán en dúas quendas. Cada alumno-traballador vai realizar prácticas en dúas institucións diferentes para coñecer o traballo con persoas maiores, por unha banda, e con persoas con discapacidade, pola outra. m.b.

18 abr 2022 / 20:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.