Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 27 enero 2022
04:04
h

Alumnos do IES Isidro Parga Pondal coñecen o funcionamento do Carballo Coworking

Tiveron a oportunidade de interactuar con dous emprendedores do centro

Carballo. O alumnado de 4º da ESO do IES Isidro Parga Pondal recibiu a usuarios do Espazo de Traballo Colaborativo Carballo Coworking para falarlles sobre o funcionamento e explicar as vantaxes que lles ofrece este modelo para poñer en marcha os seus proxectos empresariais.

O evento, organizado polo centro educativo e enmarcado nun ciclo de conferencias sobre iniciativa empresarial e emprendemento, contou coa participación do concelleiro de Promoción Económica do Concello de Carballo e vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, que animou aos estudantes a contemplar o autoemprego e o emprendemento como unha opción para desenvolver os seus propios proxectos.

Primeiro, ofreceron aos alumnos/as detallada información sobre o funcionamento e finalidade dun espazo de traballo compartido así como do perfil de usuarios/as que están a traballar no centro carballés. Posteriormente tiveron a palabra os coworkers, Fran Pais Fondo e David Moa.

Fran Pais, co-fundador de BreikoBreiko (unha app para móbiles dirixida aos profesionais do transporte por estrada), destacou a importancia de dispoñer deste tipo de espazos “para abaratar costes pero tamén para compartir coñecementos e intercambiar opinións con outros profesionais para mellorar o teu proxecto”. Por outra banda, David Moa, deseñador web e creador de agarimo.online, asegurou que o coworking é “ como un compañeiro de viaxe no que atopas compañía, apoio e asesoramento no difícil momento de emprender”.

08 may 2021 / 11:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.