Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ampliacións na rede viaria de Arén e Trasande

A Laracha. O Concello ten en marcha na parroquia de Cabovilaño dúas intervencións que se atopan na fase final de execución. No núcleo de Arén creouse unha rede de recollida de augas pluviais para evitar a acumulación na calzada e foron acondicionados os sobreanchos para contar cunha maior amplitude da plataforma e, así, favorecer a circulación e habilitar espazos de aparcamento. Tamén se acondicionaron os sobreanchos co mesmo fin na estrada do lugar de Trasande. Agora, na fase final das obras, estanse pavimentando ambas vías con aglomerado asfáltico en quente. Se as condicións climatolóxicas o permiten, nos próximos días renovarase o pavimento no cruce da vía entre O Pereiro e Fragunde, na parroquia de Vilaño. O investimento total sitúase en torno aos 35.000 euros a financiar integramente con fondos municipais.

04 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.