Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Amplían o plan de emprego de Ponteceso coa contratación de seis persoas

Realizarán tarefas de limpeza, roza e posta a punto de vías públicas e camiños

Ponteceso. O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, vén de relanzar o Plan de Emprego 2020-2021 cunha nova prórroga ata a aprobación do seguinte, tras resolver os trámites necesarios para contratar a seis desempregados, tres homes e tres mulleres, que comezaron a traballar o pasado luns 26 de decembro como operarios de servizos múltiples.

Realizarán tarefas de limpeza, roza e acondicionamento de vías públicas e camiños e cobrarán o salario mínimo interprofesional.

A alcaldía considera que as contratacións a realizar como persoal laboral temporal se deben ao “incremento ocasional e imprevisible das circunstancias da produción que, aínda tratándose da actividade normal da empresa xeren un desaxuste temporal entre o emprego estable dispoñible”. Coa entrada do novo ano o Concello quere renovar a lista e permitir que se poidan presentar todas as persoas empadroadas na vila.

Lois García asegura que “un dos cometidos que terá este persoal é reforzar a limpeza viaria, traballos que non se contrataron e que nestas datas con motivo das festas do Nadal, actividades e cabalgata de Reis, se deben reforzar, así como nos núcleos de poboación de todas as parroquias, e tamén os labores de axuda á montaxe de distintas instalacións”.

A bolsa do Plan de Emprego Social aprobouse no ano 2020 e as bases que a regulan están expostas na web municipal (ponteceso.gal) para que poidan consultalas todos os interesados. M. L.

02 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.