Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Amplíanse os servizos e rutas de recollida de residuos na Laracha

Coregal é a empresa encargada destas tarefas // Dispoñerán dunha nova flota de catro camións // Haberá 300 novos colectores para envases lixeiros e materia inorgánica

A Laracha. Está mañá foi presentada no Concello da Laracha a ampliación do servizo de recollida selectiva de residuos do que se encarga Coregal, centro especial de emprego de iniciativa social especializado na xestión integral de residuos. A este acto asistiron o Alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela; Anxo Queiruga, o presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), entidade que promove Coregal e a responsable do servizo de Coregal na zona, María Villar.

O servizo de recollida de residuos en A Laracha por parte de Coregal leva recollidas 24 toneladas dende xullo. Agora como novidade presenta a ampliación de 300 colectores que serán empregados para a recollida de envases lixeiros e para a materia inorgánica. Todos estes colectores contarán cun sistema de xeolocalización que permitirá que, tanto o Concello como Coregal, poidan optimizar as rutas de recollida, as posibles incidencias dos colectores e os lavados.

A maiores, hoxe mostrouse na Praza do Concello a nova flota de camións – 3 camións recolectores con carga traseira, dous deles con capacidade de 8 metros cúbicos e un deles con capacidade de 16 metros cúbicos, ademais dun vehículo multiusos de lavado–.

Estes catro vehículos foron adquiridos por Coregal en réxime de renting a través de CaixaBank, entidade financeira que ofrece a empresas e administracións solucións de mobilidade ecolóxicas, responsables e próximas, para xestionar todas as necesidades que xurdan ao longo da vida útil dos vehículos.

17 nov 2020 / 18:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.