Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Andainas, roteiros en bicicleta e un día sen coches en Carballo

Celebran a Semana Europa da Mobilidade na que instalarán máis aparcabicis nas rúas

Carballo. Mañá comezará en Carballo a denominada Semana Europea da Mobilidade cun amplo programa de actividades promovidas polo Concello, coa colaboración das asociacións Íntegro, Senda Nova e o Club Ciclista local.

Mañá, de 17.00 a 19.00 horas haberá un circuíto de seguridade viaria para bicicletas e patinetes e o xoves, de 10.00 a 13.00 horas, colocarase un punto informativo na Praza do Concello con información sobre mobilidade sustentable. Quenes se acheguen a mercar á feira en bicicleta recibirán un agasallo.

O venres, a partir das 17.30, terá lugar unha andaina con Senda Nova e o sábado, ás 11.30, haberá unha ruta urbana en bicicleta. O domingo será o Día sen Coches. Cortarán o tráfico en varias rúas para favorecer o seu uso peonil de dez da mañá a dez da noite. Instalarán módulos para usar patinetes e bicicletas, pintarán xogos no chan e impartiranse sesións de zumba.

Tamén o domingo haberá unha ruta ciclista baixo o lema Pedaleando pola igualdade e o luns será o Día da Accesibilidade. Completa o programa o Día do Pedibús, coa sinalización de rutas e a colocación de aparcabicis nas rúas Barcelona, Fomento, Concepción Arenal e tamén no mercado municipal e en varios colexios. M. LAVANDEIRA

14 sep 2020 / 00:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.