Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Animan a liquidar o feísmo mediante axudas públicas

A Laracha. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López, visitou o concello para animar aos veciños da Costa da Morte a solicitar unha nova orde de axudas que a Xunta convoca, por primeira vez, para emendar e corrixir máis de 300 impactos paisaxísticos nos concellos galegos, á que destina un millón de euros.

Trenor incidiu que esta orde recolle incentivos para que os cidadáns leven a cabo pequenas intervencións nas vivendas e inmobles da súa propiedade, co obxectivo de mellorar visualmente a edificación e evitar un punto de impacto na contorna na que se asentan. O delegado da Xunta recalcou que “ata o 31 de maio, os particulares ou comunidades que desexen acollerse a esta liña de axudas poden presentar a súa solicitude, que cubrirá o 70 % do importe global da proxecto de mellora paisaxística, que poderá incluír unha ou varias actuacións, e que, en todo caso, non superará os 3.000 euros por solicitude”. Así, as axudas ábrense a aquelas persoas que desexen cambiar un tellado ou mellorar o aspecto da medianeira do seu edificio; as que teñan a fachada da súa vivenda con ladrillo á vista e os que queiran cambiar a tonalidade da pintura e renovar o exterior, seguindo a Guía de cores e materiais de Galicia e a Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística. m.b.

20 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.