Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Apoio a trece proxectos para accións sociais de entidades de Carballo

O Concello aportará un total de 60.000 euros, que equivalen a máis do 66 % do investimento

Carballo. A concellería de Igualdade, Benestar e Sanidade subvenciona 13 proxectos promovidos por outras tantas entidades sociais cunha achega de 60.000 euros, que supón máis do 66 % do orzamento global.

Grazas ao apoio do Concello de Carballo será posible o desenvolvemento dos programas Quéreme ben, da Asociación antidroga Vieiro; Espazo de busca activa de emprego, da Cruz Vermella;  Atención primaria, de Cáritas interparroquial de Bergantiños; Alcer 7 vidas, da Asociación de loita contra as enfermidades do ril; Webinars, charlas e talleres participativos, da Asociación Sarcomas de Galicia; o Plan de cobertura de necesidades básicas das persoas en situación de carencia de recursos económicos con residencia no concello de Carballo, da Fundación Amigos de Galicia; Visibilidade da diversidade, da Asociación Íntegro; o Programa de formación laboral, apoio educativo para a inclusión social, laboral e escolar de nenos, adolescentes, mocidade e adultos, do Centro social San

Xoán Bautista; o proxecto de actividades da Asociación Un paso máis; o apoio á autodeterminación e á integración social das persoas con trastorno mental grave, de Apem; o Programa educativo do Proxecto Home Galicia; o mantemento da asociación Afaber; e o programa Estar cerca de ti, da Asociación Española de Loita contra o Cancro.

Ademais a concellería de Igualdade, Benestar e Sanidade brinda apoios directos ás familias carballesas a través de distintos programas. M. L.

29 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.