Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Apoio para urbanizar a contorna das vivendas de mestres de Cabana

BERGANTIÑOS. A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Cabana, José Muíño, estudarán vías de colaboración para levar a cabo os traballos de humanización da contorna de seis antigas vivendas de mestres, rehabilitadas recentemente polo Concello co fin de destinalas a alugueiro a prezos vantaxosos entre a veciñanza.

A intención do goberno cabanés é executar unha serie de traballos de humanización e mellora da zona. A conselleira explicoulle que existen varias vías, como o Plan Hurbe ou a convocatoria dunha orde específica de axudas.

Tamén abordaron o futuro do desenvolvemento de solo industrial na parroquia de Nantón, e ratificaron os compromisos para delimitar unha área de alta capacidade industrial, tecnolóxica e comercial. M. LAVANDEIRA

02 dic 2020 / 17:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.