Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aprobado na Laracha o plan de acción do pacto para o clima e a enerxía

Márcanse como reto reducir os gases de efecto invernadoiro nun 40% no 2030

A Laracha. A Corporación da Laracha aprobou, de xeito unánime, o Plan de acción municipal no que se detallan as iniciativas a levar a cabo nos próximos anos para acadar os obxectivos do Pacto das Alcadías para o clima e a enerxía, que impulsa a Unión Europe e ao que está adherido o Concello.

O documento presenta dúas partes diferenciadas. Por un lado está o plan para a enerxía sostible, que ten como obxectivo a descarbonización do territorio municipal reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 40% para o ano 2030 e colocar ao Concello na senda de alcanzar a neutralidade climática en 2050.

As iniciativas están centradas no fomento das enerxías renovables, a mobilidade sostible, o aumento da eficiencia enerxética en edificios, instalacións e equipamentos públicos e a información e concienciación dos empregados públicos e da cidadanía.

A segunda parte refírese á adaptación ao cambio climático e foi definida a partir dunha avaliación de riscos, vulnerabilidades e fortalezas. O plan tamén aborda o reto de dar unha axeitada resposta á pobreza enerxética.

Asemade, na sesión foi aprobada, con carácter definitivo, a Conta Xeral de 2019, e deuse lectura a un manifesto de rexeitamento da violencia de xénero. M. Lavandeira

27 nov 2020 / 18:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.