Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Laracha terá unha área canina no casco urbano con múltiples equipamentos

As obras de creación dunha área de recreo canino no núcleo urbano da Laracha comezarán a executarse nos próximos días unha parcela de titularidade municipal situada na confluencia das avenidas Bos Aires e Manuel Fraga. O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro das áreas de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, mantiveron unha xuntanza co responsable da empresa contratista, SYR-AMG, e o director de obra para proceder á comprobación do replanteo como paso previo ao inicio das actuacións previstas.

O Concello promove esta iniciativa ante o notable incremento na cifra de cans de compañía existentes nas zonas urbanas –especialmente na capital municipal- e co obxectivo de que as mascotas teñan á súa disposición un espazo público amplo e cun equipamento especialmente pensando para que poidan xogar, realizar exercicios para manter a saúde e favorecer a socialización con outros cans.

A parcela que albergará a área de recreo canino ten unha superficie duns 1.300 metros cadrados e coa actuación proxectada quedará integrada no entorno urbano. Será dividida en varios espazos adaptados ás necesidades que presentan as diferentes razas de cans polas súas características, condutas e tamaño. Cada un deles disporá de elementos e xogos nos que os animais poderán realizar actividade física e interactuar con outros cans.

O acceso ao recinto contará con dobre porta e un valado perimetral co obxectivo de evitar que os cans poidan escapar del, unha marquesiña con banco, unha fonte de dobre uso para persoas e mascotas, un dispensador de bolsas e un contedor de excrementos.

As diferentes áreas de esparexemento estarán valadas perimentralmente, presentarán diferenzas de releve e serán de gran superficie para que os cans poidan correr en liberdade. Contarán con zonas de prado, area e con recorridos con diversidade de xogos para o exercicio físico dos cans (túnel ríxido, salto de muro, slálom, etc). Tamén se contempla habilitar áreas separadas reservadas especificamente para as razas pequenas ou cans que presenten algún tipo de problema para evitar conflitos co resto.

O equipamento do recinto completarase cunha ducha de arco e bebedeiros de auga potable para os cans. O proxecto de creación da área de recreo canino suporá un investimento próximo aos 35.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais.

02 may 2021 / 18:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.