Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arranca a ampliación do cuartel da Guardia Civil na vila de Malpica

Malpica. O Concello de Malpica iniciou esta semana as obras de reforma das instalacións da planta baixa da casa consistorial, unha actuación que conta cun orzamento que ascende a 42.935,98 euros e que permitirá ampliar e mellorar as dependencias da Guardia Civil.

Segundo informaron o pasado xoves dende a administración municipal, o proxecto, que responde a unha necesidade de espazo dos axentes da Guardia Civil, permitirá habilitar, neste novo espazo acondicionado, dúas oficinas, unha sala de agarda, vestiarios masculino e feminino e dous baños independentes.

Pola súa banda, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, explicou que o contrato desta intervención “xa estaba asinado por min desde o 29 de marzo de 2019, antes das eleccións, pero o anterior goberno local non foi quen de executala en 28 meses”. “Hoxe facemos realidade as demandas da Guardia Civil”, afirmou ao respecto o mandatario local. m. c.

17 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.