Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arte contemporánea e exposición de xogos tradicionais en Ponteceso

Ponteceso. O municipio de Ponteceso é outra parada obrigada nesta Semana Santa da Costa da Morte. Na vila que veu nacer ao poeta Eduardo Pondal ten a súa sede o Museo Etnolúdico de Galicia (Melga), o cal acolle unha colección de máis de 4.000 xogos e xoguetes tradicionais de todo o mundo e de todas as épocas, incluída a Prehistoria.

Con motivo destas datas sinaladas, o Melga ampliará o seu horario de visitas habitual, de xeito que estará aberto de martes a sábado, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, e tamén o domingo, de 10.00 a 14.00 horas. Asemade, o Xoves e o Venres Santo (14 e 15 de abril) haberá visitadas guiadas polo director do museo, Ricardo Pérez y Verdes, ás 11.00 e 13.00 horas. As persoas interesadas deberán reservar praza para as devanditas visitas guiadas chamando ao 981 715442 ou a través do correo electrónico info@museomelga.com.

O Concello tamén manterá aberta a biblioteca municipal de mércores a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Pola súa banda, o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO), de Corme, reabriu este martes as súas portas e poderá visitarse ata o domingo, día 17.

Durante seis xornadas, unha técnica de turismo prestará o seu servizo a todas as persoas que queiran coñecer a extensa e variada obra de Julia Pujales, así como de outros artistas de renome e talentos mozos. Os interesados poderán visitar este espazo museístico de martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, e o domingo, de 11.00 a 14.00 horas. M. L.

Visitantes
Información turística

··· O Concello de Ponteceso manterá operativo o punto de información turística, ubicado no centro c ultural da capital municipal, sito no número 65 da avenida de Bergantiños, ata o domingo. Os visitantes serán atendidos de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

13 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.