Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As bibliotecas carballesas rematan o ano cunha notable actividade

Realizáronse 8.314 préstamos entre a Biblioteca do Museo e Rego da Balsa // Durante o estado de alarma incrementáronse os usuarios dixitais en 36

Carballo. O Concello de Carballo vén de ampliar o horario de apertura ao público das dúas bibliotecas –Rego da Balsa e Biblioteca do Museo– de xeito que, dende o pasado día 21, funcionan de luns a venres en horario continuo de 09:30 a 20:00. A Biblioteca Municipal Rego da Balsa, ademais, abre os sábados pola mañá, de 10:00 a 13:00 horas. Está previsto que estes horarios se manteñan despois do Nadal.

O peche obrigado durante o estado de alarma e as medidas de prevención establecidas posteriormente restaron afluencia ás bibliotecas. Aínda así, a actividade mantívose a bo nivel, como demostran os 8.314 préstamos realizados (1.878 na Biblioteca do Museo e 6.436 na Rego da Balsa). Nesta última leváronse a cabo, así mesmo, 12 espectáculos e actividades dirixidos ao público infantil, e para facilitar a asistencia implantouse un sistema de retransmisión en streaming que está a acadar unha boa acollida. Se a situación sanitaria o permite, o 3 de febreiro retomaranse as visitas dos Ratos de Lonxedetodo, que seguirán achegándose á biblioteca todos os meses ata fin de curso.

Outra das consecuencias da crise provocada pola COVID foi o aumento do número de usuarios dixitais. Durante o período de estado de alarma rexistráronse 36 altas.

01 ene 2021 / 11:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.