Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

“As escolas de familia” de Vieiro seguen adiante en formato online

O proxecto forma parte da programación de prevención no ámbito familiar // As sesións son impartidas pola educadora, Miriam Romero Traba

Carballo. Como cada ano, a Asociación Vieiro pon en marcha a iniciativa “As Escolas de familia” dentro da programación de prevención no ámbito familiar. O obxectivo é informar e formar a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar á hora de desempeñar a labor de educadores/as para mellorar o funcionamento familiar, favorecer a implicación da familia na educación dos fillos/as así como concienciar da importancia da familia como axente preventivo.

Este ano marcado pola COVID supón que non sexa posible levar a cabo a iniciativa de xeito presencial. A súa realización é en formato online a través de encontros virtuais nos que se establecen interaccións entre a educadora social, Miriam Romero Traba e as compoñentes do grupo. Segundo indican dende Vieiro, búscase unha participación bidireccional que provoque gran dinamismo a través de intervencións, respostas, debates ou exposicións.

Comunicación e afecto, autoestima e xestión de emocións, promoción da responsabilidade nos fillos/as, estilos educativos, normas e límites , resolución de conflitos, disciplina positiva, etapas evolutivas, coeducación, técnicas de modificación de conduta, sexualidade, adicións, técnicas de estudo e trastornos infantís-xuvenís son algúns dos contidos que se abordan nas sucesivas sesións.

A periodicidade das escolas é semanal e a duración das sesións é dunha hora e media. Todos os interesados/as poden participar gratuitamente.

Este programa está subvencionado polo Servizo de prevención de Condutas Aditivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

06 feb 2021 / 16:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.