Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Asisten a unha sendeirista ferida que percorría o Camiño dos Faros

Unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia ao hospital logo de sufrir unha lesión nun nocello que lle impedía continuar a marcha cando percorría o Camiño dos Faros. Atopábase en Punta Ensubelas, un lugar de difícil acceso, segundo incidou a persoa que chamou ao 112 para pedir axuda.

Ocorreu sobre as 15:15 horas cando a persoa que deu a voz de alarma advertía que se atopaban nunha zona á que só se podía acceder por terra e por aire. Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil e dos membros do GES de Ponteceso. De igual xeito, informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Malpica. Tamén os Bombeiros de Carballo foron avisados por se fose precisa a súa intervención.

Finalmente, a muller conseguiu chegar ata o punto onde a agardaba unha ambulancia para ser trasladada ao centro hospitalario de referencia.

17 may 2021 / 19:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.