Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Asunción Varela Ramilo súmase a club de centenarias do municipio da Laracha

Nove veciñas e un veciño do concello superan xa os cen ano

O pasado venres, día 20 de maio, Asunción Varela Ramilo cumpriu os 100 anos de idade. O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, felicitouna persoalmente e agasallouna cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación Municipal.

Asunción Varela é natural da Fraga (parroquia de Coiro), pero reside desde hai máis de medio século en As Torres de Cillobre, moi preto do núcleo urbano da capital municipal. O seu estado de saúde é envexable para a súa idade, tanto que a filla que reside con ela, Pura Verdía, afirma que fai dous paseos diarios ata A Laracha ela soa.

Asunción ten cinco fillos, sete netos e nove bisnetos. Todos eles xuntáronse nun restaurante a pasada fin de semana para celebrar o seu aniversario, festa á que tamén acudiron o seu irmán Francisco, de 96 anos e residente na Coruña, e unha sobriña que veu expresamente desde Palma de Mallorca para felicitala.

No Concello da Laracha hai dez veciños con máis dun século de vida, dos cales nove son mulleres e un é varón.

23 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.