Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ataques con pintadas, ovos e fresas á casa do concello de Ponteceso

Ponteceso. Dende hai algo máis dunha semana, a casa do concello de Ponteceso vén sendo obxecto de actos vandálicos. Na fin de semana producíase o “cuarto ataque á fachada en 8 días”, segundo o alcalde, Lois García. Ovos, fresas, pintadas, esvásticas e insultos que derivaron en dúas denuncias presentadas ante a Garda Civil, “unha con nomes apelidos e enderezo do atacante, grazas á colaboración cidadá", sinala o rexedor. “Desgraciadamente non chega con falar con el” engade.

Uns ataques que se traducen en “moitas horas de operarios municipais perdidas limpando, cando tiñan que estar facendo outra cousa. Volverei denunciar na Garda Civil, pero non vou dar orde de limpar ata que haxa unha resolución xudicial que afaste a este individuo da casa do concello e se incumpre, que se ateña ás consecuencias”, advirte. “Que a presenza das mensaxes de odio aí escritas sirva de escarnio e exemplo do imperfecta da nosa democracia, onde un señor de fóra vén perturbar a paz a Ponteceso, é denunciado e campa ás súas anchas facendo o que quere sen consecuencias inmediatas. Lamentable pero certo”, conclúe García Carballido.

17 may 2021 / 18:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.