Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Atopan falecido un home no interior do seu coche no fondo do mar en Ponteceso

O vehículo precipitouse á auga dende o porto da praia de Balarés

Un home apareceu falecido, esta mañá, no interior dun vehículo somerxido no mar, en Ponteceso. Pasadas as 11.30 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa que vía un vehículo na auga, preto do porto da praia de Balarés, e que descoñecía se podía haber xente dentro do mesmo.

Os xestores do Centro integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) déronlle aviso ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Carballo e aos membros do GES e de Protección Civil de Ponteceso. Ademais, tamén se lle facilitaron os datos á Garda Civil, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Minutos despois, xa no lugar, os membros do GES confirmáronlle ao 112 que un buzo que se atopaba nunha embarcación pola zona lles trasladaba que había un varón falecido no interior do vehículo. Un equipo de buzos do GEAS da Garda Civil atópase no lugar para proceder coas tarefas de rescate do corpo.

15 oct 2021 / 00:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.